A área industrial da Uceira disporá dunha nova rede de saneamento antes do verán

Aspecto das obras no polígono industrial. (Foto: Martiño Pinal)
Os traballos de acometida dunha nova rede de saneamento e abastecemento comezaron esta semana na área industrial do Carballiño, tra-la adxudicación feita pola Consellería de Vivenda e Solo na pasada lexislatura autonómica.
Estas obras, que supo ñen un investimento superior ós 300.000 euros, foran solicitadas polos propios empresarios do polígono da Uceira e do parque de Seoane á entonves conselleira, Teresa Táboas.

A execución deste proxecto estará rematada antes do verán, según apuntou o alcalde carballiñés, Carlos Montes, e comple tará a canalización das augas residuais das industrias cara ó colector do río Carrás, incluido no programa de saneamento que financia a Consellería de Medio Ambiente con cinco millóns de euros. Os industriais amosaron a súa satisfacción, ‘xa que no polígono nunca houbo unha rede de alcantarillado’.

Te puede interesar