Provincia

A asociación contra o cancro Daniel Prado busca socios

A entidade ten entre os seus obxectivos axudar ás familias de baixos recursos nos tratamentos dos seus fillos

A Asociación bearicense Daniel Prado Lamas, creada por un grupo de veciños para a loita contra o cancro infantil e xuvenil, que foi dada de alta no rexistro de asociacións con data 6 de febreiro de 2020, tras a paralización motivada pola pandemia retoma a súa actividade procedendo durante os meses de xullo e agosto a levar a cabo unha laboura de captación de socios e de divulgación dos seus fins.

Constitúe o fin principal desta asociación a loita contra o cancro infantil e xuvenil mediante o desenrolo de funcións e actividades de divulgación, de prevención, de investigación, de formación e de carácter sanitario e asistencial. Unha das principais funcións que asume esta entidade é a de axudar económicamente ás familias que non dispoñan de recursos suficientes para o tratamento dos seus fillos. 

Outro obxectivo previsto consiste no establecemento de relacións con todas aquelas entidades públicas ou privadas que persigan un fin análogo e programar campañas de publicidade para divulgar os descubrimentos e os avances científicos que faciliten a acertada prevención e a loita contra o cancro. Así mesmo, desenvolverán “campañas de divulgación sobre a necesidade de cooperar na loita contra o cancro e de prestar a este empeño a colaboración persoal e a axuda económica por parte de todos os veciños deste concello e da emigración”, sinala.

Te puede interesar