política

O BNG de Cea pide un plan único de obras na Deputación

O grupo nacionalista propón á Deputación que faga o reparto ós concellos da provincia de Ourense a través dun plan único de investimentos

O grupo municipal do BNG no Concello de San Cristovo de Cea presentou unha moción para o seu debate plenario na que solicita unha mellor distribución dos fondos da Deputación provincial entre os municipios. Concretamente, no caso de Cea, os nacionalistas lembran que no reparto do Plan de cooperación, a Deputación concedeu 55.000 euros, mentres nos plans para a rede viaria, obras e servizos e complementarios, a asignación para o municipio foi nula nos tres.

Por este motivo, o BNG desexa que a Corporación de Cea se dirixa á Deputación para solicitar a oportuna compensación que evite a marxinación do Concello no presente exercicio. Asemade, o grupo nacionalista propón á Deputación que faga o reparto ós concellos da provincia de Ourense a través dun plan único de investimentos, que se sitúe na fronteira do tercio do total presupostado, como xa están a facer A Coruña, Pontevedra e Lugo.

Te puede interesar