Boborás ten ordenanza de venda dende o 2004

O grupo municipal do BNG de Boborás lembrou ó alcalde, o 'popular' Cipriano Caamaño, que hai unha normativa aprobada dende hai seis anos sobre a venda ambulante. Os nacionalistas fan referencia as denuncias que teñen previsto presentar comerciantes do municipio sobre a presenza de vendedores ambulantes, procedentes de concellos limítrofes como Cerdedo e Forcarei.
Caamaño manifestou a necesidade de elaborar unha ordenanza 'que evitase esa competencia desleal con aqueles outros que están acreditados para realizar este negocio', sinala María Dolores Cachafeiro, voceira do BNG na Corporación.

A concelleira apunta que 'xa existe unha ordenanza reguladora da venda ambulante, publicada o 17 de abril de 2004 no Boletín Oficial da Provincia, outra cousa é que a desidia deste grupo de goberno fai que non se aplique'. Os titulares de negocios advirtiron de vendedores de peixe, pan, bebidas e incluso tabaco.

Te puede interesar