Caamaño tenta de novo o cese do seu tesoureiro

O alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, convocou para este venres unha nova sesión plenaria co obxectivo de conquerir o cese do tesoureiro municipal, José Benito González, edil 'popular' do seu grupo de goberno.
A Corporación xa celebrou o pasado 29 de abril un pleno co mesmo punto único na orde do día, pero o resultado da votación foi desfavorable á destitución do concelleiro como responsable das contas municipais. Os catro ediles do PP (Caamaño entre eles) abstivéronse por recomendación deste, e opuxéronse ó cese o PSOE, o BNG (catro votos), José Benito González e a tamén 'popular' María Isabel Alamancos.

O alcalde subliña que 'no pasado pleno, a oposición quedou en evidencia apoiando ó tesoureiro e os seus presuntos delitos de apropiación indebida do Libro de Contas e de reproducción de documentos sen autorización'.

Cipriano Caamaño engade que, na sesión de mañá, fixada para as 11,00 horas, 'o grupo do PP vai votar a favor do cese de José Benito González, e supoño que a oposición recapacitará para demostrar que os concelleiros socialistas e nacionalistas non son cómplices das irregularidades cometidas'.

Te puede interesar