Carballiño desenrolará proxectos cooperativos ó entrar no novo ente da Unión Europea

O Concello do Carballiño integrarase na Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT), cumplindo así o trámite do resto de municipios do Eixo Atlántico que tamén se atopan no proceso de entrada nesta nova entidade. A incorporación da vila do Arenteiro deberá estar precedida pola aprobación en pleno por parte da Corporación municipal, que será executada na sesión extraordinaria convocada para ás 13.00 horas de hoxe.
Según indicou o alcalde, Carlos Montes, ‘as agrupacións europeas sirven como instrumento de cooperación a escala comunitaria para superar os obstáculos que dificultan a colaboración transfronteiriza, xa que permiten que os entes municipais poidan poñer en marcha proxectos de cooperación territorial cofinanciados pola Unión Europea (UE), ou levar a cabo actividades propostas polos estados membros’. O rexedor engadiu que ‘estas novas posiblidades permitirán a Carballiño e o resto dos concellos do Eixo Atlántico iniciar accións que, doutro xeito, serían inalcanzables de xeito individual’.

Instrumento

Carlos Montes sinala que ‘tendo en conta as dificultades atopadas polos estados da UE, o regulamento da AECT establece un novo instrumento de cooperación a escala comunitaria no contexto da reforma da política rexional ata o ano 2013’. Montes apuntou que ‘poderá enconmendarse a esta agrupación a execución dos programas cofinanciados pola comunidade, ou ben a realización de calquer outro proxecto de cooperación transfronteiriza, con o sin intervención financieira da UE’.

Te puede interesar