PROVINCIA

Carballiño elimina barreiras ao longo da avenida do Parque

photo_camera Zona industrial de Carballiño, na que o concello asfaltou rúas e acondicionou unha rotonda.

O Concello rematou o asfaltado de cinco rúas da zona industrial, onde tamén acondicionou unha rotonda

A brigada municipal de obras do Carballiño executa nestes días o proxecto de adecuación das beirarrúas da Avenida do Parque, na zona residencial da vila. As obras consisten no rebaixe dos extremos das beirarrúas, que teñen na súa meirande parte alturas considerables, nalgúns tramos incluso de máis de vinte centímetros, imposibilitando o acceso das persoas maiores, dos coches dos nenos e das cadeiras de persoas con minusvalía. Ademais, trátase dunha zona de paseo frecuente en calquera época do ano por ser un  un lugar moi soleado e apacible, e tamén moi concurrido polos camiñantes e deportistas.


Por iso, esta adecuación vai permitir a mellora da accesibilidade dende a entrada do Parque municipal ata o remate da zona residencial.

Polígono industrial
Por outra parte, as autoridades municipais saíron ó paso das críticas do PP relativas a un suposto beneficio de 35.000 euros para a empresa adxudicataria das obras de asfaltado na zona industrial. Os responsables locais aseguran que  foron realizadas en tempo e forma, cumpríndose os termos previstos no proxecto.

Na acta de comprobación material, asinada o 18 de novembro polo técnico enxeñeiro industrial da Xunta de Galicia, se expresa a conformidade coa documentación da obra, coa conxunción dos obxectivos e co cumprimento da normativa vixente.
Puntualizan, ademais, que houbo un incremento do custo da capa asfáltica, que se fixo dun grosor moi superior ao previsto inicialmente, compensando o aforro dalgún tramo no que non se considerou necesario picar máis a fondo para colocar unha base de zahorra.
"A premura de tempo para poder executar esta reparación non permitía  máis atrasos nin modificacións significativas", sinalan. 

Te puede interesar