O Casino ofrece cine, cata de viños e un curso de mediciña

O Casino do Carballiño celebra a Festa da Mimosa o próximo 24 de marzo. Trátase do evento principal da entidade, polo que a directiva traballa xa na súa organización para ofrecer un programa atractivo para os carballiñeses. Con tal motivo, aproveita este mes para o desenvolvemento de diversas actividades, empezando polo día 2 de marzo, en colaboración coa Cruz Vermella, e Videoforum, está prevista a proxección da película 'Kids', na que o tema principal que se trata é a Sida. Está dirixida, fundamentalmente, a un público entre os 14 e os 30 anos. O pase será de 18,00 a 20,00 horas, no salón de baile do Casino.
Ó día seguinte (3 de marzo), ás 13,00 horas, a entidade celebrará unha cata de viños brancos. O custo desta actividade é de 20 euros para os socios, e de 25 euros para os non socios.

O domingo, día 4, terá lugar un curso básico de mediciña celular e a aplicación de terapias naturais na prevención e curación de enfermidades cardiovasculares, cancro e diabete, entre outras.O prezo polo material que se recibe será de 5 euros e o horario das 16,00 ás 20,00 horas, no salón de actos.

Te puede interesar