O Casino programa para maio un taller de fotografía

O Casino Recreativo e Cultural do Carballiño pon en marcha o curso de fotografía 'Taller de Painting Lighting', que
será impartido por Albert Brull e consistirá en 10 sesións de dúas horas cada unha.

A xunta directiva prevé que Se desenvolva os martes e xoves á hora que máis interese ás persoas que se inscriban e a idea é

comenzar no mes de maio. As plazas son limitadas, 10 en total, e o custo do taller é de 50 euros para os socios e 60 euros para os non socios.

Trátase dunha técnica fotográfica mediante a que se xenera un dibuxo gracias ó uso dunha fonte de luz en movemento, ou ó movemento da cámara en torno á fonte de luz, segundo indican os organizadores deste taller, que forma parte da programación do casino para este mes de abril.

Te puede interesar