Catro parellas practicarán o idioma galego durante 10 días

Catro parellas participan no programa Pargal, que promove a Concellería de Dinamización Social do Carballiño en colaboración coa Mesa pola Normalización Linguística, para facilitar o coñecemento do idioma galego a todas aquelas persoas interesadas no municipio. Aínda que moitos voluntarios para ensinar a lingua quedaron na reserva pola falta dunha maior demanda, a experiencia iniciábase onte coa implicación de un catalán, unha mallorquina, unha castelana e un panameño.
O programa desenvolverase durante 10 xornadas, cada unha delas de unha hora de duración, e os encontros serán concertados polo propios participantes.

A concelleira de Dinamización Social, María Jorge, e o representante da Mesa pola Normalización Linguistica, Eladino Cabanelas, destacaron o feito de que un dos voluntarios é unha persoa que naceu no Bierzo, residiu en Mallorca e 'fala un correctísimo galego', indicaron.

Onte tiña lugar o primeiro encontro dos participantes nas instalacións municipais, co fin de poñer en marcha a segunda fase do programa.

Te puede interesar