Os comerciantes apoiarán sesións de cine mensuais no Auditorio municipal

Un convenio entre o Concello e a Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño posibilitará a posta en marcha dun programa estable de proxeccións cinematográficas no Auditorio municipal.
A concelleira de Cultura, Asunción Rivero, lembrou que ‘neste edificio multiusos dispomos de proxectores de 35 milímetros e de formato dixital, que agora foron homologados polo Ministerio de Cultura para a exhibición de películas’.

A edil socialista e o presidente da asociación, Adolfo Nogueira, coincidiron en sinalar que ‘tra-la desaparición das salas cinematográficas da vila, o cine no Auditorio convírtese nunha alternativa de lecer para os veciños e para as persoas de fóra que aproveitan as fines de semana para mercar no Carballiño’.

O obxectivo do convenio é manter sesións de cine ó longo do ano, comezando nestas datas do Nadal, nas que se proxectarán dúas películas os días 27 e 28 de decembro e 2 e 4 de xaneiro, e para as que os comerciantes distribuirán 600 vales entre os clientes, que se poderán canxear por entradas ó Auditorio.


Te puede interesar