PROVINCIA

O Concello de Carballiño adica 5.000 euros a axudas para libros

A Área de Educación do Concello do Carballiño, que dirixe o edil Diego Fernández, abriu o prazo para solicitar as axudas destinadas á adquisición de libros de texto para o presente curso 2015/16.

A Área de Educación do Concello do Carballiño, que dirixe o edil Diego Fernández, abriu o prazo para solicitar as axudas destinadas á adquisición de libros de texto para o presente curso 2015/16. Estas axudas van dirixidas ás familias de menor poder adquisitivo.

A Concellería dispón para este fin dunha partida económica de 5.000 euros, dos que recibirán 90 euros alumnos de primeiro e segundo curso de Educación Infantil, 110 para terceiro de Educación Infantil e 190 para Bacharelato.

Para ter dereito ás axudas económicas, o Concello establece condicións como que deberán estar empadroados todos os membros da familia no Concello do Carballiño cunha antigüidade mínima dun ano; tamén se esixe que os rapaces estén matriculados en centros escolares públicos ou concertados, en Educación Infantil ou Bacherelato do mesmo municipio, e que non repitan curso; e finalmente, que a familia teña unha renda per cápita anual que non exceda uns ingresos netos de 4.000 euros. No caso de coincidiran os requisitos entre os solicitantes e exceder a cuantía dispoñible de 5.000 euros, Diego Fernández apunta que teranse en conta outros criterios como as minusvalías, ser familia numerosa, ou o a orde de entrada da solicitude no rexistro municipal.

Todos os interesados en beneficiarse deste apoio económico que presta o Concello ás familias que cumplan os requisitos sinalados deberán cubrir o impreso para a solicitude que xa está a súa disposición nas dependencias municipais.

Te puede interesar