O grupo socialista do Carballiño considera un coste excesivo a matrícula da escola municipal de fútbol Arenteiro, da que forman parte máis de 200 nenos, xa que o incremento é notorio dende os 50 euros do ano 2011 ata os 110 euros deste 2013 'e cunha previsión feita polo PP e aprobada no pleno, únicamente cos seus votos, de que en poucos anos pase a custar 334 euros por neno', sinalan os concelleiros da oposición.
Nese senso, os socialistas recordan que este mes de septembro está a ser especialmente complicado para moitas familias do Carballiño que ven como a volta ao colexio dos seus nenos se converte nunha cruz a nivel económico, unida á xa de por sí complicada situación que se vive na actualidade fan que sexa un periodo difícil de afrontar, polo que este servizo para moitos convírtese nun auténtico luxo, segundo engaden.