CXG de Punxín reclama control nas residencias de maiores

O grupo municipal de Compromiso por Galicia de Punxín considera necesaria a creación dunha figura xurídica

O grupo municipal de Compromiso por Galicia de Punxín defenderá no pleno do próximo xoves unha moción para a creación da figura do interventor, funcionario para o control das residencias privadas de maiores por parte da Xunta de Galicia. O portavoz deste partido, Eladio Fernández, solicita para elo, que “se remita a Xunta de Galicia un escrito para solicitar o desenrolo para crear a figura do interventor, para un maior control dos centros residenciais privados e concertados para maiores”. 

Nese sentido, lembra que nos vindeiros dias Punxín vai dispor de dúas residencias para maiores e “todos fomos testimuñas durante a pandemia da falla de control de algunhas residencias, polo que tivo que intervilas a Xunta”. 

Eladio Fernández considera necesaria a creación dunha figura xurídica, un funcionario público que designe a Xunta de Galicia en cada centro residencial privado.

Te puede interesar