O desbroce de fincas para o gando no Irixo supón unha inversión de 24.000 euros

Un programa que desenvolve a Consellería de Medio Rural para a limpeza e acondicionamento de terreos destinados á sementeira de cereais e a pasto do gando estase a desenvolver no municipio do Irixo, cun investimento global de 24.000 euros en dúas anualidades.
Neste sentido, ó traverso dun convenio entre a Delegación provincial deste departamento autonómico e a directiva do Tecor (coto de caza) existente nas terras do Irixo, conqueriuse o ano pasado un investimento de 12.000 euros para tarefas de desbroce nunha superficie de 400.000 metros cadrados -40 hectáreas-, que xa están rematadas na actualidade. Para o exercicio económico actual, a Consellería de Medio Rural ten previsto un gasto de 12.000 euros para a limpeza daquelas fincas que os seus propietarios o comuneiros desexan adicar á zona habitual de pasto do gando, e que agora presentan certo estado de abandono.

Según apuntaron fontes do departamento de Medio Rural, ‘o obxectivo é acadar unha actuación mínima sobre unha superficie total de 40 hectáreas naqueles terreos onde os donos fagan a solicitude, tendo en conta que a cantidade de 12.000 euros pode ser ampliada se hai máis demanda da prevista’. Os traballos de acondicionamento comezarán a partir deste mes de febreiro, tal e como sinalaron.

Te puede interesar