Unha discusión por cans remata a golpes

Vivendas do agredido e do agresor.
Un veciño de Freás, en Punxín, tivo que ser atendido ó mediodía do pasado venres no Complexo Hospitalario de Ourense de diversas feridas na súa faciana. Francisco Fernández, de 39 anos, recibiu unha agresión por parte de José Miguel G.D., de 37 anos, que habita unha casa ó carón da súa vivenda.
Francisco paseaba cos seus dos nenos pequenos pola rúa, cando catro cans de José Miguel saíronlles ó paso e tentaron morder ós rapaces. O pai recriminoulle a éste que soltara os cans cando andiveran os nenos por alí, para evitar calquer problema. A resposta foi contundente, xa que o dono dos animais propinoulle un testarazo no nariz e un puñetazo nun ollo, ademais de patadas nas costas.

Curiosamente, nese intre Francisco estaba a falar polo teléfono móbil con seu irmán, Manuel, que logo o trasladaría ó hospital. Tra-la correspondente denuncia,a Garda Civil de Carballiño detivo o domingo a José Miguel, que foi posto en liberdade con cargos polo Xulgado número 1 desta vila n.

Te puede interesar