Escolares da comarca aprenden a resolver conflictos

Os estudantes de Educación Primaria dos colexios públicos de Beariz, San Amaro e Boborás están a participar en talleres de educación emocional organizados pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño, orientados á mellorar as relacións sociais e propiciar un clima de convivencia.
Os colexios públicos de Beariz, San Amaro e Boborás acollen dende o pasado luns uns talleres de educación emocional promovidos pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño. Os par ticipantes nestas xornadas son os alumnos do ciclo superior de Educación Primaria, é decir, os matriculados nos cursos quinto e sexto desta etapa escolar.

Un grupo de monitores encárgase durante dúas horas, xeralmente de 9.30 a 11.30 polas mañás e de dúas ás catro da tarde de inculcar ós xóvenes un meirande coñecemento e identificación das súas propias emocións, tales como ira, alegría, noxo, sorpresa ou medo.

‘Estes talleres poden ser moi eficaces para conquerir relacións interpersonais satisfactorias e deste xeito desenvolver a capacidade de resolución de conflictos, co obxectivo de propiciar climas de convivencia dende as primeiras etapas da infancia’, segundo apuntan os responsables desta iniciativa.

Engaden que ‘para o vindeiro curso lectivo temos prevista a ampliación deste programa de educación familiar ó resto dos concellos da Mancomunidade carballiñesa, coma é o caso de San Cristovo de Cea e O Irixo, que por problemas de compatibilidade de horarios non poideron adherirse este ano’, sinalan.

Te puede interesar