Unha feira promocionará os productos locais e mostrará a variedade de cogumelos

Darío Rodríguez e Rebeca Carreiro, da Asociación Pepa Loba. (Foto: Xesús Fariñas)
O Carballiño acollerá os próximos sábado e domingo unha feira de promoción de productos locais, ecolóxicos e do comercio xusto, cunha mensaxe de consumo responsable, e incidindo tamén en actividades relacionadas coa Micoloxía.
A Asociación Cultural Pepa Loba organiza para os próximos sábado e domingo a feira ‘Bioterra 2009’, una actividade adicada a dar a coñecer os productos ecolóxicos, o comercio xusto, a Micoloxía e, sobor de todo, o comercio local, todo elo enmarcado nunha mensaxe de consumo responsable.

A Praza do Emigrante acollerá a un total de 20 postos de productores e comerciantes, a maioría deles do Carballiño, que abrirán ó público o día 14, ás 11 horas. Nesa mesma xornada está prevista no Concello unha charla sobre Micoloxía e tamén a saída o campo para recoller cogumelos, que posteriormente se clasificarán e se exporán na Praza do Emigrante. O programa contempla, ademais, un obradoiro de cestería con mteriais de refugallo. O día 15, tras a reapertura dos postos da feira, está previsto un taller de cociña micolóxica, A Pepa Loba conta para a organización coa colaboura da Concellalía de Medio Ambiente, según apuntou onte o seu novo concelleiro, Bernardo García, e tamén coa Asociación ‘Os Cogordos’.

O día 12 remata o prazo para apuntarse. O número de prazas é de 30 e o prezo de seis euros.


Te puede interesar