O pregón en verso de Moncho Borrajo emocionou ós asistentes á edición número 19 na paraxe natural de A Saleta

A festa do pan de Cea bate o récord coa venta de máis de 2.000 pezas

Un panadeiro atende os clientes na súa caseta.
O pan de Cea goza de moi boa saúde e son cada ano máis, e xa van 19, as persoas que acuden ó paraxe natural do Campo da Saleta e celebrar a exaltación deste producto, o primeiro da Unión Europea en dispoñer dunha Indicación Xeográfica Protexida (IXP).
Cunhas cifras de 7.000 asistentes e 2.500 pezas vendidas, barallada pola organización, o evento gastronómico abriuse co pregón de Moncho Borrajo, o artista e dramaturgo nado en Baños de Molgas.
O ourensano deu lectura a un pequeno texto en verso e en galego, 'porque se o fago en castelán cabréanse ós do BNG e se o fago en rosa, os do PSOE'. No poema, Borrajo homenaxeu ós fornos de Cea e ó longo proceso de elaboración do pan'. A continuación, contou as súas historias sobre as parellas, o sexo, a xente maior e tamén se referiu ó presidente da Deputación, José Luis Baltar, pegado ó palco: 'El é moi macho e eu son como son, pero ata hai que ser simpático para ser maricón'. O seu fillo, José Manuel, responsable provincial do PP, recibiu a insignia de ouro por ser o impulsor da IXP , estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez.

Te puede interesar