A Festa do Pulpo foi nomeada a un dos premios de Onda Cero

A concelleira de Turismo do Carballiño, Pilar Caride, amosou onte a súa satisfacción ó coñecer que a 'Festa do Pulpo' foi nomeada para recibir o premio 'Ourensanos na Onda', que convoca a cadea Onda Cero Ourense para recoñecer o traballo de entidades e colectivos que traballan para promocionar a provincia.
Os organizadores propuxeron á 'Festa do Pulpo' como candidata na categoría de promoción e turismo, ó entender que é unha festa gastronómica que engrandece os valores tanto da vila carballiñesa coma do resto da provincia e a comunidade en todo o mundo. Neste sentido, Pilar Caride destacou que o evento gastronómico carballiñés 'foi promovido en varios países de Europa e América, así como en numerosas comunidades autónomas, o que fai da nosa festa un excepcional escaparate do producto ourensán'.

O festexo competirá na categoría antes suliñada co Instituto Ourensán de Desenvolvemento (Inorde); a concellería de Termalismo e Turismo de Ourense e o Parador de Santo Estevo.

Te puede interesar