Unha función teatral en Piñor apoiará a unha nena enferma

O Concello de Piñor organiza o vindeiro 31 de agosto, ás 19,30 horas e no local social dea localidade de Cotelas a clausura do programa de actividades infantís que se desenvolveu ó longo do verán. Niste acto, os cativos da Escola de Teatro municipal, que xa cumpre cinco anos de andaina, representarán a obra 'Uxío e Uxía: un amor imposible'. O alcalde do municipio, Francisco José Fraga, suliña que 'esta actividade adoita ter tintes solidarios, adicando cada ano a obra a unha causa diferente'.
Nesta ocasión, será o turno de Lola, unha nena coruñesa que pola súa enfermidade precisa tapóns de plástico para conseguir fondos e dese xeito financiar as terapias e tratamentos que precisa. Así, o Concello invitou á familia de Lola a esta representación teatral da última xornada de agosto, 'e aproveitaremos para facer unha recolecta masiva de tapóns, e por iso animamos a toda persoa a que veña a ver a obra que, de paso, traiga con ela o maior número de tapóns que poida', indica o rexedor de Piñor. Coma xa é tradicional, a entrada ó local de Cotelas é totalmente libre e gratuita.

Te puede interesar