Os escaparates rompen ó recibir os balonazos dos adolescentes que xogan na Praza Maior

O fútbol enfronta ós rapaces cos comerciantes do centro

A celebración do Mundial de Fútbol de Sudáfrica está a motivar no Carballiño a proliferación de partidos en pleno centro do casco urbán, concretamente na Praza Maior e na rúa peatonal de Perfectino Viéitez. Unha situación que está a exasperar ós propietarios dos establecementos comerciais da zona, que xa viron máis dunha vez rotos os seus escaparates (entre eles, ó da oficina de Aquagest, concesionaria do servixo de augas), polos balonazos dos émulos de internacionais como poden ser Villa, Luis Suárez ou Klose.
'Antes xogaban nenos de entre cinco e sete anos de idade, pero agora xa son rapaces de 13 a 16 anos os que tódalas tardes poñen en perigo non só os cristais das tendas, senón tamén os dos vehículos que están estacionados e incluso das persoas maiores que están sentadas ou pasean pola praza', sinala Xosé Manuel Ameijeiras. un dos afectados do contorno.

Unha situación que motivou á Asociación de Comerciantes e Empresarios (ACEC) a dirixir hai un mes un escrito ó Concello 'no que lle espuxemos as queixas dos afiliados, no que reclabamos un pouco de civismo por parte dos xóvenes e tamén unha meirande vixiancia por parte da Policía Local, co fin de evitar danos nos locais', apunta Adolfo Nogueira, presidente do colectivo empresarial. Pola súa banda, o concelleiro de Tráfico, José Antonio Barge Gil, manifestou que 'hai un especial seguimento dos axentes da Policia Local por esta problemática, e un exemplo delo é a confiscación de nove pelotas ós rapaces no que vai de mes'.


MOLESTIAS

O edil socialista engade que 'o que non pode facer o Concello é poñer todo o día un policía local para controlar estes xogos'. Barge Gil indicou, asimesmo, que a idade destes xóvenes, maioritariamente adolescentes, permítelles desplazarse ata o Parque municipal, Pena Cobertoira ou ó pavillón polideportivo para a práctica do seu deporte favorito, e sen molestar a ninguén'. O concelleiro considera que 'por moito que faga o Concello, estes rapaces teñen que recibir nas súas casas unha educación correspondente ós tempos actuais, xa que a represión na rúa de pouco vale'. Neste sentido, existe unha ordenanza municipal que prohíbe expresamente xogar co balón nas prazas da vila, e co obxectivo de facer cumprila, a Policía Local colocou hai 10 anos unha sinalización vertical, na que se advertía desta cuestión.

Nembargantes, os sinais vermellos desapareceron ás poucas semanas de seren instalados. Un comerciante da Praza Maior lembra que 'hai unha semana, unha pelota rebotou no cristal do meu local, collína e gardeina dentro tras pechar a porta, porque tiña posto o aire acondicionado'. E engade que 'un rapazote empurrou a porta e case me derruba no chan, berrando que o balón era del. Respondinlle que o negocio era meu, e non tiña que responder polos danos'.

Te puede interesar