O goberno de Punxín rexeitou tres mocións do grupo socialista

O PSdeG-PSOE de Punxín critica o que califica como política “destrutiva” e de “bloqueo” levada a cabo polo Partido Popular e o concelleiro non adscrito, que no último pleno municipal votaron en contra de tres iniciativas socialistas “enfocadas a mellorar o día a día da veciñanza do municipio”. 

Mediante as mocións, os socialistas instaban ao goberno municipal a que se puxese en contacto co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a reparación das beirarrúas da N-541, ao seu paso por Barbantes, así como as tarefas de mantemento. Tamén requirían que o goberno procedese ao cumprimento dos acordos plenarios acadados e a creación dunha comisión permanente para o seguimento e control das mocións aprobadas. Por último, pedían ao Concello a elaboración dun plan de limpeza municipal para os espazos públicos.

Te puede interesar