O Fetega remata hoxe as súas representacións, só pendente da gala de clausura que desenrolarase este venres

O grupo Nut Teatro rompe co clásico e aposta por unha montaxe arriscada

Público asistente a la representación de 'Homes, mulleres. O paraíso terrenal'. (Foto: MARTIÑO PINAL)
As representacións do Festival de Teatro Galego do Carballiño finalizan hoxe coa posta en escea da obra 'Wake Up' pola compañía Nut Teatro. Co mesmo horario das anteriores funcións, ás 22.30 horas, e tamén no auditorio da vila, esta compañía presenta unha coproducción co Centro Dramático Galego e co Fitei de Portugal, contando con Guillermo Eras como supervisor da dramaturxia desta obra rompedora, escrita e dirixida por Carlos Neira.
Josi Lage, directora do Festival de Teatro Galego, presentaba onte este espectáculo no que 'se abandoan os vellos códigos treatrais', segúndo apuntou, calificando a montaxe de 'renovadora, vanguardista, arriscada e radical'. Nerea Barros, Xiana Carracelas, Iria Sobrado e Arantza Villar son as catro actrices que abordarán no escenario o concepto da identidade dende a perspectiva do ámbito doméstico.

Josi Lage foi a primeira profesora de teatro da actriz carballiñesa Iria Sobrado, quen recoñeceu que foi no Festival de Teatro Galego, cando era unha cativa, onde viu por primeira vez unha representación. A compañía Nut Teatro é para ela 'un proxecto persoal, o da televisión é un proxecto doutra persoa', manifestou Iria Sobrado, refiríndose o seu traballo no programa 'Land Robert', da TVG.


FACHADA

Xiana Carracelas falou da obra desta noite, na que se derriba a fachada dunha casa que acolle ás persoas e lles da apariencia, 'pero dentro hai moitas cousas revoltas, que é o que queremos mostrar'. Igual ca nas outras montaxes de Nut Teatro, as actrices poñen ó descuberto a identidade das persoas e para elo volven a utilizar o desnudo como un recurso que, neste caso, 'é pouco sexual e moi animal. O caer a fachada quedaste sen nada e vas reconstruindo a túa identidade', puntualizou Iria Sobrado.

Outro recurso utilizado é un novedoso dispositivo electrónico, que funciona mediante sensores, e que emite sonidos e luz en función do movemento das actrices.'O so sempre é diferente porque o movemento é distinto en cada representación', puntualizaron.

Te puede interesar