Un estudio reflexa que só 51 dos seus 173 traballadores son mulleres

A igualdade, asignatura pendiente no Concello

A asesoría especializada Sánchez Albornoz elaborou un plan de igualdade entre homes e mulleres por encargo da Concellería de Igualdade e Benestar do Carballiño, no que se recolle unha análise da situación actual das mulleres deste municipio nos distintos ámbitos (familiar, social e laboral), ó mesmo tempo que sinala as pautas a seguir polas autoridades municipais ata o 2014 para acadar os obxetivos do plan, que consisten en acabar coas diferencias de xénero e 'que as mulleres do Carballiño teñan unha vida máis fácil e con mellores oportunidades de incorporarse ó traballo', segundo apuntou a concelleira responsable deste depart
A asesoría especializada Sánchez Albornoz elaborou un plan de igualdade entre homes e mulleres por encargo da Concellería de Igualdade e Benestar do Carballiño, no que se recolle unha análise da situación actual das mulleres deste municipio nos distintos ámbitos (familiar, social e laboral), ó mesmo tempo que sinala as pautas a seguir polas autoridades municipais ata o 2014 para acadar os obxetivos do plan, que consisten en acabar coas diferencias de xénero e 'que as mulleres do Carballiño teñan unha vida máis fácil e con mellores oportunidades de incorporarse ó traballo', segundo apuntou a concelleira responsable deste departamento, Aurea Francisco.

A diagnose indica que Carballiño ten unha sociedade envellecida e que se produce a feminización dese envellecemento, coa existencia de mulleres soas, que non dispoñen de centros de día nin de noite. Outro aspecto que destacou a concelleira é que dos 14.000 habitantes do municipio hai un total de 510 solicitudes á Lei de Dependencias, das que 335 son mulleres, 175 homes, e das que só reciben prestacións 84 (59 mulleres e 25 homes).

A edil nacionalista chama especialmente a atención sobre a desigualdade no cadro de persoal do Concello. De 173 traballadores, só 51 son mulleres. 'Este é un dato sangrante', sentenciou Aurea Francisco.

No que respecta o tecido empresarial, o estudio confirma que o 64% das empresas non teñen persoal asalariado e que as mulleres inmigrantes únicamente atopan saída laboral como camareiras, limpiadoras ou dependentas de comercio.

'O importante do plan é que se leve a cabo', matizou a concelleira, sinalando algunhas das accións que se deberán emprender a nivel institucional. En primeiro lugar, fomentar a incorporación das mulleres ó mundo laboral, empezando polo propio Concello, aplicando medidas de discriminación positiva, ó mesmo tempo que se deberá implicar ó persoal na educación sobre igualidade.

Outras pautas a seguir consisten na creación de centros de día e noite para mellorar a vida das coidadoras de persoas dependentes. Asemade, acadar acordos coas empresas para a integración das inmigrantes, ademáis de fomentar os bancos de tempo e organizar cursos de formación coa correspondente titulación.

Te puede interesar