Manuel Rodríguez debuxa o Camiño como 'viaxe vital'

O presentador, Pablo Fernández, xunto a Manuel Rodríguez. (Foto: JOSÉ PAZ)
A Meca, Xerusalén ou Roma son puntos de atracción para os peregrinos de todo o mundo. Pero Santiago de Compostela ten o seu aquel, e no Camiño Xacobeo xúntanse cada ano (coma neste 2010), milleiros de persoas.
O xornalista Manuel Rodríguez, autor da 'Enciclopedia del Camino de Santiago: diccionario de la cultura jacobea' que oferta os seus lectores La Región, explicou onte na Casa da Cultura do Carballiño que hai diferentes motivos que impulsan á xente a percorrelo. 'Posiblemente xa existía un itinerario precristiano ou tamén o obxectivo era visitar o sepulcro do único apóstolo soterrado no extremo de Europa', indicou.

'Cecais nesta aventura do Camiño pode que a busca sexa a mesma: a necesidade vital da viaxe', sinalou. Ó respecto, lembrou que 'o home medieval, que entendía esta vida coma unha viaxe cara a vida eterna, segue presente na memoria oculta do ser humano actual e dalgún xeito maniféstase', concluiu o escritor de Sarria.

Te puede interesar