Marnotes nega unha aula ós socialistas para facer un curso

O PSdeG do Carballiño califica de irresponsable a actitude do grupo de goberno do PP, 'denengando o acceso á aula de novas tecnoloxías (CeMIT) do Concello aos sectores máis desfavorecidos do noso pobo e de maior dificultade de inserción laboral, que tiñan previsto participar nunha actividade formativa promovida polo partido socialista', sinala este grupo da oposición .
Engaden os socialistas, que solicitaron 'en tempo e forma o uso desta aula; asegurándose previamente de que nas datas solicitadas (do 4 o 14 de setembro) estaba dispoñible, o alcalde respostou fora do prazo establecido pola lei e sen argumento, deixando este grupo de veciños sen a devandita formación'.

O alcalde, Argimiro Marnotes, declarou que ten moi claro que o Concello non cede as instalacións para uso de ningún partido, 'que para eso teñen a súa sede'. Segundo apuntou, 'se consideran que hai un curso ou calquera outra actividade que pode ser interesante que llo comuniquen ó Concello' para que poda desenvolvelo, pero nunca como partido político'.

O rexidor tamén argumentou, por outra banda, que cando foi solicitada a aula de novas tecnoloxias, ubicada na Casa Consistorial, aínda non estaba rematado o calendario de ocupación que se prepara coincidindo co inicio do curso escolar. Asegurou que nestes intres están varios departamentos programando as actividades que se van desenrolar e que cando pediron as instalacións os socialistas en agosto, 'nin sabíamos si estarían ocupadas', puntualizou.

Te puede interesar