Os nenos desfrutarán de campamentos de verán en Maside

Maside  activará un programa de actividades intantís durante o verán: “Maside concilia”, unha alternativa para a conciliación da vida familiar e laboral que consiste en
actividades diarias para cativos de 3 a 12 anos de idade.

O servizo contará con dous monitores por grupo de idade, cada un con 20 prazas. Así, está previsto un grupo de obradoiros, de 3 a 6 anos; e un de campamentos, para nenos de 7 a 12 anos.

No caso de exceder as 20 solicitudes por grupo de idade adxudicaríanse as prazas con preferencia se ámbolos dous proxenitores traballan actualmente; ás familias monoparentais; familias numerosas e de acollida.

Ata setembro

A actividade levarase a cabo de luns a venres en horario de 10,00 a 14.00 horas, agás festivos, e dará comezo o próximo día 27 de xuño rematando o 2 setembro de 2022. Agás que por motivos sanitarios as autoridades competentes establezan novas restriccións. Os responsables municipais tamén teñen previsto no caso de que se excedan as 20 prazas por cada un dos dous grupos de idade elaborar unha listaxe de espera, que se empregará no caso de que algún participante admitido comunique a súa baixa ou no caso de que as autoridades sanitarias establezan restricións para o desenvolvemento das actividades, segundo sinalan desde o Concello.

Te puede interesar