Unha gala pon o broche de ouro coas actuación de San & San e Roberto Sobrado

Noite de premios como colofón

 ‘Atra bilis’ de Teatro de Ningures representouse o pasado xoves. Foi a última posta en escea desta nova edición do Festival do Teatro Galego. Estivo dirixida por Etelvino Vázquez e interpretada por Casilda García, Sonia Rúa, David Novas, Fran Paredes e J

O Festival do Teatro Galego de Carballiño remata hoxe coa celebración da gala de entrega dos premios ó mellor actor, actriz, ó espectáculo máis valorado polo público e o recoñecemento honorífico a Xulio Lago. A compañía San & San aporta a nota de humor ó acto e o cantautor Roberto Sobrado ofrecerá un concerto.
A cuarta gala ‘Premios Fetega’, prevista para as 22.30 horas no centro multifuncional do Carballiño, clausura hoxe o Festival do Teatro Galego, que daba comenzo o pasado luns. A coordinadora do evento, Josi Lage, sinalaba onte unha media de asistencia diaria de 150 persoas a cada unha das representacións da noite, ademais da importante resposta de público que tivo o grupo Zancalino co seu taller na Praza Irmáns Prieto e os espectáculos de teatro na rúa.

A dirección da gala correrá por conta de César Cambeiro, ‘actor de recoñecido prestixio en teatro, cine e televisión’, matizaba Josi Lage, enumerando algúns dos seus traballos en películas como ‘El menor de los males’, ‘Los lunes al sol’ o ‘Mar adentro’, así como nas series televisivas de ‘Matalobos’ o ‘El comisario’, entre outras.

Os cupidos do humor

O espectáculo estará servido pola compañía San&San, que César Cambeiro definiu como ‘os cupidos do humor, porque tiran dardos envenenados de risa’, sentenciou.

O cantautor carballiñés Roberto Sobrado aportará a musica nesta gala. ‘É o gañador do segundo certame Pop Rock da Xunta de Galicia e ten tres discos no mercado, agora acaba de sair o cuarto que se titula Noroeste extraño’, sinalou Josi Lage.

Para a entrega dos premios ó mellor actor, actriz, espectáculo e honorífico, a organización conta con Francisco López, director xeral de Promoción e Difusión Cultural da Xuntade Galicia, con Xosé Luis Valladares, en representación da Diputación, e con Inmaculada Ucha, concelleira de Cultura no Carballiño.

O público foi o que se encargou o longo destes catro días de teatro de puntuar ó mellor espectáculo, cuio gañador darase a coñecer hoxe na gala. Asemade, un xurado elexido pola organización elixirá ó mellor actor e actriz, mentras que o pri meiro premio honorífico xa foi anunciado para o director de teatro Xulio Lago.

‘Queremos dar un peche digno a este festival que tivo un alto nivel de calidade’, manifestou César Cambeiro durante a presentación da gala.


Te puede interesar