As obras de consolidación da torre do templo da Veracruz comezarán en marzo cun investimento de 252.500 euros

A torre destaca no conxunto monumental da Veracruz (Foto: Martiño Pinal)
A Consellería de Cultura aprobou o proxecto de rehabilitación do contorno da torre do templo da Veracruz do Carballiño, cun investimento de 252.500 euros e unha previsión de comezo das obras no vindeiro mes de marzo.
O proxecto de rehabilitación da estructura do templo carballiñés da Veracruz, elaborado polo arquitecto Adolfo Otero Janeiro, da familia dos constructores da igrexa, obtivo o visto bó da Consellería de Cultura e Deporte, que investirá a cantidade de 252.000 euros nas obras. Según indicaron fontes deste departamento autonómico, ‘a actuación centrarase na torre, respondendo á necesidade de intervir para garantir a conservación axeitada dun dos elementos máis característicos do monumento’.

Os traballos consistirán na limpeza e rexuntado dos perpiaños da parte alta da torre; a conso lidación e remate das bóvedas cerámicas; a limpeza, selado e reforzo de lousas de formigón armado, ademais do reforzo dos elementos de forxa e estructuras metálicas tales como escaleiras, pasarelas e varandas.

Impermeabilización

Un dos problemas máis graves que se rexistran na igrexa parroquial carballiñesa -que os técnicos atribúen a detalles inacabados do seu deseño inicialé o da filtración das augas da choiva cara ó interior, que será solucionada coa impermeabilización das cubertas, tamén incluida no proxecto. As previsións da Consellería de Cultura apuntan a unha adxudicación das obras no vindeiro mes de febreiro, de xeito que o comezo das mesmas estaría fixado para marzo.

Te puede interesar