O orzamento do programa do Nadal supera os 35.000 euros

Teatro, concertos, exposicións, espectáculos e un concurso de escaparates centran o programa de actividades culturais do Nadal no Carballiño, complementado cun alumeado de rúas e prazas dende o vindeiro luns.
O programa Nadal Cultural 2008 do Carballiño iniciarase o 17 de decembro cun festival de panxoliñas, dous días despois do acendido do alumeado artístico en rúas e prazas da vila, ‘que este ano se retrasa para aforrar pola crise actual’, salientou a concelleira de Cultura, Inmaculada Ucha. Ata o 6 de xaneiro, organizaranse actividades variados como espectáculos teatrais e de maxia, concertos polifónicos, exposicións de fotografía e a tradicional Cabalgata de Reis.

O orzamento previsto polo Concello carballiñés supera os 35.000 euros, dos que 1.300 adicaranse ós premios do concurso de escaparates, cofinanciado pola Cámara de Comercio de Ourense. Asemade, un Papá Noel percorrerá as parroquias do rural e o poboado xitano e o Asilo de Anciaáns os días 23 e 24 de decembro.


Te puede interesar