Ourense deixa a súa pisada no alto do Mont Blanc

photo_camera O trío de compañeiros, na cima do Mont Blanc.
Tres membros do A.C.D. Bombeiros Carballiño-O Ribeiro culminaron con éxito unha viaxe espectacular

Despois de varios días de actividade nos Alpes, tres membros do A.C.D. Bombeiros Carballiño-O Ribeiro fixeron cume no Mont Blanc (4.809 metros). A viaxe comezou o xoves 23 de setembro, partindo cara Francia con todos os enseres necesarios para ser autosuficientes no ascenso. 

Despóis de facer cumio na Aiguille de Tour, como actividade de aclimatación, o luns 27 comezaron o ascenso ao Mont Blanc dende a vila de Bionassay (1320 m) facendo noite no refuxio de Tête Rousse.

O martes 28, saindo as dúas da madrugada pola ruta de Gouter, fixeron cume na montaña máis emblemática de Europa coincidindo coa saída do sol, coroando así o teito da cordilleira dos Alpes.

Hoxe, día de facer maletas, rematan a viaxe con moi boas sensacións e poñen rumbo a Galicia.

Te puede interesar