Os pais do colexio público fan unha colecta simbólica para reivindicar a xornada única

Nais e pais do colexio público do Carballiño distribuiron onte urnas para recadar ‘un céntimo de euro’ a prol dos gastos que, según asegura a Xunta, supón a implantación da xornada única no centro. O mércores participarán no ‘Enterro da sardiña’.

Un grupo de nais e pais de alumnos do colexio público ‘Calvo Sotelo’ do Carballiño protagonizou na tarde de onte un novo acto reivindicativo en prol da implantación da xornada lectiva continuada no centro. Así, distribuiron entre os establecementos comerciais e de hostelería do municipio unhas urnas de cor negra, a xeito de hucha, a fin de recadar fondos para sufragar os gastos de transporte que -según a Xuntasupón o cambio do horario lectivo.

Cunhas etiquetas co lema ‘A Xunta necesítate, colabora cun céntimo para o transporte escolar’, as urnas foron colocadas nos locais, ‘e os cartos que recaudemos na colecta serán entregados a unha entidade benéfica do Carballiño’, aseguraron. Os pais recibiron unha negativa á implantación da nova xornada por parte do delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, e do propio conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e por iso continuarán co seu programa de actos reivindicativos.

O seguinte será o vindeiro luns co gallo da celebración do mer cado e feira de gando mensual na vila do Arenteiro, coa instalación ó mediodía dunha mesa na Praza Maior. Ademais, participarán na comitiva fúnebre do ‘Enterro da sardiña’, que partirá o mércores, ás 20.30 horas dende a praza Os Liborianos.


Te puede interesar