“Pequeocio" será un dos atractivos da Semana Santa

Torre de GodAAs
photo_camera A Torre de Godás, lugar onde está programado un roteito pola senda do río Arenteiro.

O Concello programa tamén un roteiro pola senda do Arenteiro ata a torre medieval de Godás 

Un parque infantil con hinchables, tobogáns, futbolín humán, maquillaxe e outras actividades de entretemento para pequenos e maiores, complementa a oferta de animación para esta próxima Semana Santa no Carballiño. Así o informou onte o goberno local, que aclarou que se trata "dunha iniciativa privada que, baixo o eslogan de “Pequeocio”, promove tres días de divertimento familiar, dende as 11 da mañá ás 9 da da noite, e cuxa entrada costará 5 euros por día".

Os organizadores deste evento, que se celebrará no Pavillón de Deportes Paco Chao, os días 13, 14 e 15 de abril, teñen previsto desenvolver numerosas actividades de ocio e deportivas como torneos de baloncesto, de artes marciais e exhibición de patinaxe, ademáis de obradoiros e xogos infantís e para maiores. Todas estas actividades contarán con monitores, "favorecendo que os pais poidan deixar aos seus fillos no pavillón ou ben participar noutras actividades", explica o Concello.

Pequeocio complementa a oferta de animación cultural prevista para esta próxima Semana Santa e que ofrece unha ampla gama de actividades que inclúe cine, monólogos, teatro, exposicións, animación de rúa con exercicios de circo, música e visitas guiadas.

Torre de Godás

Como novidade e en colaboración co Centro de Estudios Chamoso Lamas, prográmase un roteiro pola senda do río Arenteiro, que partirá dende o Parque Municipal e finalizará na Ponterriza e na Torre medieval de Godás. Esta ruta guiada polos arqueólogos do centro de estudios, que terá lugar o domingo 9 de abril, de 9,30 h., a 13,30 h., substitúe á prevista a Castro Cavadoso, e ten por obxectivo coñecer as excavacións realizadas recentemente neste emprazamento medieval, así como promover o coñecemento da senda do Arenteiro entre o Parque Etnográfico e o conxunto histórico medieval que conforman a ponte do río Pedriña, a Torre de Godás e a ponte de Ponterriza. 

Te puede interesar