Piñor pon en marcha talleres para estimular a memoria

O Concello de Piñor pon en marcha o vindeiro martes 4 de decembro unha nova actividade que consiste na realización de talleres de memoria destinados a persoas maiores, cos que se pretende estimular cognitivamente a este colectivo, previndo o deterioro propio destas idades. Así mesmo, 'é unha forma de potenciar as relacións sociais entre a terceira idade, que moitas veces son máis limitadas debido ás circunstancias persoais e a falta de motivación', indican os resposables municipais.
Faranse dous grupos de intervención, de forma que os martes de 17,00 a 18,00 horas impartiranse no Concello vello, na localidade de Piñor, e de 18,15 a 19,15 horas do mesmo día, no local social de Cotelas.

Te puede interesar