Piñor reformou o sistema de iluminación en 20 localidades

O Concello de Piñor poñía en marcha no 2008 un plan de aforro enerxético nas distintas localidades do municipio. Nese primeiro ano cambiou o sistema de iluminación en Vilariño, Piñor, Arenteiro, Cotelas, Grobas e O Reino. As lámpadas de vapor de mercurio de alta presión foron sustituidas por outras de vapor de sódio de alta presión, que ofrecen a mesma intensidade de luz pero consumen un 30% menos.
Posteriormente, en novembro do 2010, executouse a reforma en Freás, a Folgosa, Guimarás, San Mamede, Porto do Souto, Barrán, Portela de Arriba e Pallota, que supuxo un aforro dun 40% no consumo eléctrico.

A finais do ano pasado, e aproveitando a subvención do Fondo de Compensación Ambiental, cambiouse a instalación eléctrica da iluminación pública nos pobos de Asneiros, Canices, Lousado, Moire, Ovenza e Vilar por outra consistente en lámparas de inducción magnética. Tendo en conta únicamente esta última reforma, as autoridades municipais constatan un aforro mensual neste pobos de 1.415 euros no 2013 en relación co pasado ano.

Te puede interesar