Podemos pide impulsar “puntos violeta” en Carballiño

Unha iniciativa coa queimplicar a toda a sociedade na loita contra as violencias machistas

O Círculo de Podemos en Carballiño pídelle ao goberno local que impulse “puntos violeta” no municipio. Esta medida vén estipulada no “Plan de Mellora e Modernización contra a Violencia de Xénero” do Ministerio de Igualdade.

“Acabar coas violencias machistas require do compromiso de toda a sociedade, por iso é importante involucrar á veciñanza como parte da solución”, indica a enlace de feminismos municipal de Podemos, Alba González, quen engade: “Aplaudimos esta medida porque vai nese senso e pedímoslle ao Concello que se comprometa a levala a cabo”.

Co “Punto Violeta” preténdese implicar a toda a sociedade na loita contra as violencias machistas; achegar a información dos servizos integrais ás vítimas e facilitar información sobre como actuar ante un caso de violencia machista a establecementos, entidades, empresas e organismos públicos.

Te puede interesar