O programa saudable de Piñor oferta ós veciños consultas de mellora nutricional

O Concello de Piñor presentou por segundo ano consecutivo o seu proxecto de ‘Concello Saudable’, unha iniciativa conxunta de gran alcance que pretende mellorar a saúde da poboación e na que se atopan inmersos outros 10 concellos limítrofes.
A partir deste mes de xuño, ‘ofertaranse diversas actividades, todas elas encamiñadas a mellorar a saúde e calidade de toda a poboación, pois os destinatarios serán tanto as persoas maiores coma os máis cativos’, sinala o alcalde do municipio, Francisco Xosé Fraga.

Dous técnicos profesionais -unha nutricionista e un licenciado en educación físicaserán os responsables de levar a cabo o programa ó longo de todo o ano. Coma novidade, ofertaranse consultas nutricionais personalizadas e individualizadas, nas que toda persoa con algún tipo de patoloxía (obesidade, colesterol ou diabete, entre outras) recibirá asesoramento a fin de conquerir unha alimentación equilibrada e a realización de exercicios físicos básicos, co obxectivo de acadar unha boa calidade de vida. ‘Estas consultas deberán solicitarse no seu médico de cabeceira no Centro de Saúde ou directamente no departamento municipal de Servizos Sociais, para incidir directamente nas problemáticas de saúde individuais cun servizo de calidade e totalmente gratuito’, apunta o rexedor de Piñor.

Cativos Por outra banda, seguiranse realizando charlas informativas nos locais sociais das localidades de Barrán, Vilariño e Torcela, e xornadas deportivas para maiores nas instalacións do parque biosaudable, que comezarán o vindeiro mércores ás 10 da mañá e terán continuidade os días 24 de xuño e 5 e 12 de agosto. Os máis cativos disfrutarán de actividades específicas dentro do programa do ‘Verán Infantil’, que tamén organiza o Concello de Piñor ‘para encher os ratos de ocio durante as súas vacacións estivais nos pobos’.


Te puede interesar