O CARBALLIÑO

O PSOE critica as goteiras do pavillón polideportivo

O grupo municipal socialista de Carballiño criticou a situación por falta de limpeza na que se atopan os sumidoiros.

O grupo municipal do PSdeG de Carballiño criticou a situación por falta de limpeza na que se atopan os sumidoiros. Asegura que sempre que chove intensamente inúndanse as rúas como sucedeu o pasado martes. Nese senso, tamén chama a atención sobre o Pavillón Paco Chao, no que "as deficiencias nas instalacións provocan tamén continuas inundacións, como a que aconteceu o martes", puntualizan. Para os socialistas "é lamentable que o goberno de Marnotes non teña ningún interese en arranxar axeitadamente o polideportivo, que ten caldeiros colgados no pavillón anexo para as goteiras, escaiolas rotas e uns vestiarios en pésimas condicións, cando son unhas instalacións moi utilizadas pola xuventude".

Te puede interesar