O PSOE reclama un servizo de atención no fogar en Punxín

O PSdeG-PSOE de Punxín defenderá no próximo pleno unha moción na que reclama a creación dun servizo de axuda no fogar exprés destinado ás persoas dependentes en situación de agarda do recoñecemento. As socialistas instarán ao Concello a proceder á elaboración dunha ordenanza municipal para este fin, pero tamén a que o grupo de goberno se dirixa, de ser o caso, ao resto de administracións para que coa colaboración das mesmas sexa posible a realización do mencionado plan. 

Tamén lle piden ao PP e ao concelleiro non adscrito que “haxa consenso” na elaboración da mencionada ordenanza municipal entre tódolos grupos da corporación.

Para as socialistas cada vez son máis as persoas maiores que por diversas razóns precisan da atención doutras persoas á hora de realizar as actividades da vida diaria.

Te puede interesar