As sesións micolóxicas convocaron en Maside a máis de 70 persoas na fin de semana

A primeira edición do ‘Fin de semana micolóxico’ de Maside resultou exitosa según a valoración da organización, que recaeu no departamento municipal de Turismo. Entre o venres e o sábado, máis de 70 persoas de toda a comarca participaron nas actividades, que comezaron cunha charla divulgativa de Ricardo Mínguez encol das diferentes especies de cogordos.
Tra-la ponencia, os asistentes tiveron a oportunidade de degustar tapas elaboradas con setas en dous locales de hostelería de Maside, como empanada, revoltos de grelos e gambas e tortilla. Na xornada do sábado, os participantes saíron ó monte para coller cogumelos e aprender a preparación de menús nun taller de cociña, para logo xuntarse nunha cea cun plato central de coello con cachelos e setas.


Te puede interesar