Os socialistas instan ó PP a gobernar e non mirar ó pasado

O grupo municipal do PSOE do Carballiño saiu ó paso das declaracións do tenente de alcalde, o 'popular' Martín Nogueira, nas que se acusaba ó anterior goberno socialista de falla de previsión á hora de contratar persoal de mantemento das piscinas municipais. 'Queremos esixirlle a este goberno que deixe de escudarse nas accións pasadas á hora de xustificar a incompetencia da súa xestión', indican os socialistas.
O voceiro do PSOE, Francisco Fumega, asegura que, 'cando asumiron o goberno do Concello, recibiron as instalacións en perfectas condicións, agás pequenos detalles que precisan de mantemento, cousa que o PP non parece comprender nin levar a cabo'. O concelleiro socialista conclúe que 'a austeridade, que nós compartimos, é un requisito en tempos de crise, pero nunca pode ser un programa de goberno e menos un instrumento de acción política'.

Te puede interesar