Os socialistas reproban ó concello perder unha subvención

O grupo municipal socialista do Carballiño afirma que a Concellería de Benestar perdeu unha subvención procedente da Xunta e do Fondo Social Europeo debido a unha mala xestión. 'O pasado 4 de outubro, no Diario Oficial de Galicia, atopámonos coa desagradable sorpresa de que fora rexeitada unha liña de subvención englobada nas axudas de promoción da Igualdade para entidades locais', sinalan. Ademáis, engaden que 'a liña de axuda rexeitada sería a destinada aos programas de fomento da conciliación dentro da programa de Bo Día Familia'. Os socialistas calculan que supón unha perda en torno a 10.000 euros, 'moi necesarios nos t
'O pasado 4 de outubro, no Diario Oficial de Galicia, atopámonos coa desagradable sorpresa de que fora rexeitada unha liña de subvención englobada nas axudas de promoción da Igualdade para entidades locais', sinalan. Ademáis, engaden que 'a liña de axuda rexeitada sería a destinada aos programas de fomento da conciliación dentro da programa de Bo Día Familia'. Os socialistas calculan que supón unha perda en torno a 10.000 euros, 'moi necesarios nos tempos que corren', matizan.

A concelleira, Purificación Alberte, puntualiza que 'a subvención non está perdida, fixeron un requerimento para que mandemos certa documentación, e está en proceso'.

Te puede interesar