O taller laboral de Boborás abriu unha nova ruta de paseo

Un total de 24 veciños de Boborás participaron nos pasados seis meses nun taller de formación laboral en tres áreas diferentes.
Na primeira delas, adicada á axuda a domicilio, ademais de aprender o procedemento para o tratamento das persoas que necesitan de asistencia, tamén coñeceron os casos particulares de primeira man. Así, as oito alumnas deste módulo fixeron prácticas acompañadas das auxiliares titulares que traballan a diario no Concello. No eido da restauración, abriuse unha nova ruta de sendeirismo entre as localidades de Pazos de Arenteiro e Albarellos. En albanelería, rehabilitouse un edificio na aldea de Xendive, que se destinará a local social.

Te puede interesar