Teatro, maxia e música centran o ciclo cultural no Auditorio

A Concellería de Cultura do Carballiño elaborou para as dúas últimas fines de semana de novembro e a primeira de decembro unha programación estable de espectáculos, coa colaboración da Asociación Galega das Industrias Culturais (Agadic). As funcións desenvolveranse os sábados, ás 21,00 horas, no Auditorio municipal.
A primeira, corresponde á representación, o vindeiro día 19, de 'O Florido Pensil', unha obra producida por EME2 e cun cartel de actores moi populares, como Xosé Olveira, Antonio Durán e Josito Porto, entre outros. Para o 26 de novembro está prevista a actuación do Mago Rafa co seu espectáculo 'A arte do imposible', no que teñen cabida a adivinación, o mentalismo e o escapismo.

Finalmente, Airaproduccións presentará o día 3 de decembro o 'Monólogo musicado' do artista Tonhito de Poi, que está a medio camiño entre un concerto acústico e un contacontos. As entradas custarán cinco euros para a función teatral e 2,50 euros para as dúas restantes. O programa está incluido no Outono Teatral da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia.

Te puede interesar