A Xunta investiu 400.000 euros nas obras de ampliación do edificio

Os xulgados gañan máis espacio para as oficiñas

Juan José Martín, segundo pola dereita, durante a visita ós xulgados. (Foto: LR)
O Pazo de Xustiza do Carballiño xa dispón de novos espazos para oficiñas e arquivos, unha vez rematadas as obras de ampliación que estaban previstas. Así, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou na mañá de onte os xulgados, onde comprobou in situ o alcance dos traballos executados no edificio, situado na avenida do Parque. Istes permitiron o aproveitamento dun espazo exterior que estaba libre e a súa incorporación ás dependencias xudiciais, que gañaron unha superficie aproximada de 75 metros cadrados.
Segundo explicou o director xeral, levouse a cabo unha reforma integral do interior do edificio, ademais da instalación dun ascensor para salvar as barreiras arquitectónicas, tendo en conta os tres niveis de altura existentes. O Pazo de Xustiza carballiñés acolle na planta soto o arquivo e aseos, mentres na planta baixa están ubicados o Xulgado de Primeira Instancia número dous, as dependencias dos forenses, o Rexistro Civil, a sala de avogados e procuradores, a vixiancia e un arquivo.


DESENVOLVEMENTO

Na primeira planta atópanse o Xulgado de Instrucción número un, a sala de audiencia, e o despacho dos fiscais. Juan José Martín resaltou o feito de que as foron realizadas en horario de tarde, para non interferir no traballo dos uncionarios. O proxecto foi financiado pola Consellería de Presidencia, cun orzamento que acadou perto dos 400.000 euros.

Te puede interesar