Antonio Montero, reelexido presidente do PP de Avión

O actual alcalde de Avión, Antonio Montero Fernández, foi elixido presidente local dos populares co 100% de apoio dos compromisarios que participaron na elección. 

O Centro Multifuncional Municipal de Avión acolleu onte o Congreso Local do PP nesta localidade, presentándose Antonio Montero como único candidato.

"O noso obxectivo fundamental é que calquer veciño de Avión teña as mesmas ventaxas e comodidades que podería ter calquera habitante dunha vila de maior entidade da nosa provincia. Nesto basearemos a nosa xestión e sempre teremos como prioridade as necesidades dos veciños de Avión”, manifestaba o presidente local do Partido Popular.

Pola súa banda, o presidente provincial, Manuel Baltar, encargado de clausurar o Congreso Local de Avión, precisou que “o traballo no Partido Popular de Ourense está baseado na cooperación, no compromiso cos nosos veciños e nas ideas, fundamentais para acadar políticas transversais que redunden no benestar de todos os ourensáns”. 

Te puede interesar