Arnoia proxecta ampliar o mercado do seus pementos

A distribución do producto fóra de Galicia basearase na potenciación da superficie de cultivo

A producción do pemento de Arnoia mantense na actualide a pesares da clausura da cooperativa San Salvador, que aglutinaba á meirande parte dos veciños que se adican a este tipo de cultivo. E o obxectivo do Consello Regulador desta Indicación Xeográfica Protexida (IXP) é captar máis productores e deste xeito incrementar a superficie adicada á plantación, a fin de conquerir unha ampliación do seu mercado, agora restrinxido ó ámbeto da Comunidade galega.

"Nestes intres levamos tan só un mes dende o inicio da recolleita e xa chegamos ós 20.000 quilos, que serán moitos máis ó remate da campaña, a mediados de setembro", suliña Francisco Vázquez, presidente do Consello, que agora agrupa a tan só 20 productores. Por elo, preténdese involucrar a máis xente xoven na práctica agrícola, para que se poida aumentar progresivamente a porcentaxe de terreno adicado ó cultivo do pemento. Ó respecto, Vázquez apunta que "agora só temos en réxime de producción un 10 por cento dos 20.000 metros cadrados que están rexistrados para IXP, pero pódense ampliar as rotacións". Un sistema, ó das rotacións, que consiste en cambiar periódicamente as fincas onde se plantan as sementes para evitar a aparición de plagas.

Así, o conxunto de agricultores conseguiría mellorar a distribución, xestionada por unha empresa que leva os pementos a unha cadea de supermercados e a froiterías de toda Galicia, e permitiría dar o salto ó exterior, de xeito semellante a outras marcas protexidas, coma é o caso do Pan de Cea. Por outra banda, o consello regulador está a estudiar o proxecto de creación dunha páxina web específica para a difusión do pemento de Arnoia nas redes sociais, "porque a única presenza en internet é ó traverso do enlace do Ingacal (Instituto Galego de Calidade), que coordina tódolos productos con denominación de orixe e os que teñen IXP", comenta Francisco Vázquez. E engade que "temos que ir pouco a pouco, xa que  aínda cumprimos hai un mes os tres anos dende a posta en marcha da indicación, e para nós é esencial manter a calidade". Unha calidade que poideron comprobar os centos de visitantes que se achegaron ata Arnoia a pasada fin de semana durante a Festa do Pemento.

Te puede interesar