Arquvada unha denuncia contra o alcalde de Leiro por desobediencia

O Xulgado de Instrucción de Ribadavia ven de dictar un auto de sobreseimento libre respecto a unha denuncia formulada contra o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, por un presunto delito de desobediencia á autoridade, ó non executar unha sentencia anterior que o obligaba a destruir o acceso ó balneario de Berán.

A denuncia pola vía do Penal fora feita por Andrés Gullermo Deive, antiguo propietario de parte do terreno que expropiou o Concello para construir o acceso. Esta resolución xudicial pon fin ao procedemento e, unha vez firme, terá o valor de cousa xulgada, o que impedirá volver a plantear esta cuestión en vía penal.

O auto conclúe que non se aprecia unha conducta delictiva do alcalde, 'todo lo contrario', sinala, xa que se non executou a anterior sentencia porque presentou recursos xudiciais.

Te puede interesar