O BNG agradece o traballo dos voluntarios no lume de Castrelo

Castrelo de Miño 27/7/22
Incendio en castrelo de miño

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Incendio en Castrelo de Miño Fotos Martiño Pinal

O grupo municipal do BNG de Castrelo de Miño fixo público un comunicado no que agradece a tódalas agrupacións de voluntarios de Protección Civil, e, sobre todo, á de Castrelo de Miño, pola súa implicación desinteresada na loita contra a propagación do  incendio que queimou máis de 200 hectáreas neste municipio. Dende esta formación política lembran que “os voluntarios son iso, voluntarios que axudan en todo o que poden, e non obteñen unha remuneración económica pola súa laboura”.

Destacan tamén os nacionalistas a firmeza e saber estar dos veciños de Castrelo de MIño, “dende os que acudiron para axudar en todo o que estaba nas súas mans, ata os que estiveron angustiados, pendentes e preparados para intervir”. Por outra banda, os nacionalistas lamentan a decisión tomada polo goberno do Concello de “non contar neste verán cunha brigada de extinción de incendios”.

Así, pregúntanse no BNG se, en caso de dispor desa brigada, o lume podería atallarse máis pronto, e se ocorrería o mesmo no caso de que “a motobomba municipal estivera operativa e chea de auga para unha pronta intervención”.

Finalmente, dende o grupo municipal do BNG de Castrelo de Miño condenan “todos os lumes causados intencionadamente, que o único que fan é danar o noso ecosistema e por vidas en perigo, tanto humanas como animais”.

Te puede interesar